O deseñador de Poio Rubearth gaña a primeira edición da Allianz Ego Confidence in Fashion

O premio, que estaba dirixido ás firmas presentes no showroom da pasarela, permitiralle volver desfilar na próxima edición do evento
 
O deseñador Rubearth. ALLIANZ EGO
photo_camera O deseñador Rubearth. ALLIANZ EGO

O apartado dirixido a novos deseñadores da Mercedes-Benz Madrid Fashion Week (antiga pasarela Cibeles), Allianz Ego, volve recoñecer o traballo do venezolano afincado en Poio Gabriel Nogueiras, que asina o seu traballo como Rubearth.

O deseñador, formado no Mestrado de Deseño e Moda da Universidade de Vigo (Esdemga), xa recibira en abril o premio á mellor colección presentada naquel Ego (Mercedes-Benz Fashion Talent) .

Este domingo proclamouse gañador da primeira edición do Allianz Ego Confidence in Fashion, un premio dirixido aos creadores presentes no showroom da pasarela co obxectivo de impulsar a súa carreira. O recoñecemento permitiralle volver desfilar na próxima edición de Allianz Ego. 

Outras dúas exalumnas de Esdemga participan este domingo nos desfiles desta pasarela de novos creadores: Patricia Chamadoira e Candela Nóvoa.

Comentarios