jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

Desestiman o recurso contra a subestación de Bértola

Mobilización realizada na parroquia vilaboesa contra a iniciativa. ARQUIVO
Mobilización realizada na parroquia vilaboesa contra a iniciativa. ARQUIVO
A decisión do Supremo pon fin á vía xudicial e urbanística

A pesar do rexeitamento veciñal, todo apunta a que, finalmente, o núcleo da parroquia de Bértola será o emprazamento da subestación proxectada pola Rede Eléctrica de España (REE). O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego confirmou este xoves que hai uns días o Tribunal Supremo non admitiu a trámite o recurso de casación presentado no seu día polos veciños, co respaldo de todos os grupos da Corporación de Vilaboa. Deste xeito, xa se esgotaron tódalas vías xudiciais e urbanísticas posibles para tratar de impedir a actuación.

Os nacionalistas lamentan este desenlace. O responsable local, Adrián Blanco, lembra que "sempre consideramos que a decisión de instalar o transformador en Bértola foi unha decisión política, tanto do Partido Popular como do PSOE, a nivel autonómico e nacional. Polo tanto, seguimos considerando que a busca dunha alternativa tamén é unha decisión política". A pesar do revés xudicial sufrido ante o Supremo, o BNG non perde a esperanza. "Se a veciñanza de Bértola decide continuar coa loita social, nós estaremos aí, como vimos facendo desde hai dez anos".

A presentación dun recurso de casación perante o Tribunal Supremo foi a última medida acordada no seu día polos colectivos veciñais, a plataforma de afectados e o Concello de Vilaboa. O BNG lembra, ademais, que a Comunidade de Montes chegou a ofrecer terreos para acoller a construción da subestación enerxética, opción rexeitada por REE.

Asemblea veciñal o vindeiro domingo
A Plataforma Veciñal e o Concello de Vilaboa convocan aos colectivos e cidadáns da vila para participar nunha asemblea que terá lugar o domingo 3 de novembro, a partir das 11.30 horas, para informar da decisión do Tribunal Supremo. A cita será no local social do recinto de festas de Bértola.
O Bloque Nacionalista Galego aposta por levar este tema ao Congreso.

MOMENTO AXEITADO. Os nacionalistas consideran que a recén iniciada campaña electoral pode ser "o momento oportuno" para retomar as reivindicacións. "Agora vanse celebrar unhas eleccións xerais que servirán para configurar un novo Goberno estatal", sinalan.

Desestiman o recurso contra a subestación de Bértola
Comentarios
ç