Despídese o quinto coworking provincial con 20 plans de empresa

O Demo Day contou coa presenza da presidenta provincial e serviu para difundir todas as iniciativas emprendedoras participantes
Os participantes, na xornada de demostración deste mércores. JAVIER CERVERA
photo_camera Os participantes, na xornada de demostración deste mércores. JAVIER CERVERA

 A quinta edición do coworking de Barro, impulsado pola Deputación en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) baixo o lema Apostando por un futuro sostible en 2030, chegou á súa fin coa xornada Demoday, na que se presentaron as 20 iniciativas emprendedoras participantes. No acto, conducido polo xornalista Luis Fraga e no que tamén participaron o alcalde de Barro Xosé Manuel Fernández e, telematicamente, a directora da EOI, Nieves Olivera, a presidenta provincial Carmela Silva enxalzou a capacidade de resposta dos proxectos emprendedores, centrados na sustentabilidade, tecnoloxía e nos principais sectores produtivos da provincia, ás novas demandas sociais, así como o liderado feminino, que amosa que "as mulleres temos un inmenso talento".

No quinto coworking de Barro déronse a coñecer 20 proxectos emprendedores dos que 11 foron liderados por mulleres. "Encántame que sexamos emprendedoras porque somos o 60% das tituladas universitarias, temos as mellores notas e, sen embargo, queda por dar ese paso de empoderarnos e poñer en marcha os nosos proxectos", destacou a presidenta provincial.

Nesta iniciativa participaron proxectos empresariais en fase temperá de desenvolvemento, co obxectivo de aumentar as súas posibilidades de éxito a través do asesoramento personalizado que incluíu formación grupal e titorías individuais a distancia.

Comentarios