Detida unha veciña do Vao pendente de ingresar en prisión por abandono familiar

Control da Policía de Poio. DP

Foi arrestada nunpunto de verificación da Policía Local

A Policía Local de Poio detivo a unha veciña do poboado do Vao de Arriba que tiña pendente unha orde de ingreso en prisión por un delito de abandono de familia.

A detención produciuse na mañá do pasado xoves no transcurso dun punto de verificación de persoas que estaba a levar a cabo a patrulla de seguridade cidadá da Policía Local na rúa Domigo Fontán dentro do plan de prevención de delitos do Concello de Poio.

 Interceptouse no punto de control a M. M. J.  de 50 anos, veciña do Vao, sobre a que recaía unha orde de detención e ingreso en prisión ditada por un xulgado do Penal de Pontevedra, para cumprir unha condena de prisión por un delito de abandono de familia.

A detida foi ingresada directamente o mesmo día no Centro Penal da Lama, onde cumprirá a condena que tiña pendente.