Detido un home en Poio tras roubar un microondas do interior dun vehículo

O delincuente conta con numerosos antecedentes deste tipo
Los agentes escoltan al detenido. POLICÍA LOCAL DE POIO
photo_camera Los agentes escoltan al detenido. POLICÍA LOCAL DE POIO

A Policía Local de Poio detivo a un home de 41 anos e natural da Coruña por un roubo no interior dun vehículo estacionado en Rosalia de Castro, en San Salvador.

Microondas robado. POLICÍA LOCALOs feitos tiveron lugar arredor das 18.20 horas deste mércores, cando o presunto delincuente conseguiu levar un microondas novo que se atopaba no interior do vehículo, que tiña unha das xanelas semiabertas. As súas pegadas dactilares quedaron no cristal.

Recopilación de pruebas en el vehículo. POLICÍA LOCAL DE POIO

Alertados polo propietario, unha patrulla da Policía Local deu co individuo na Avenida da Barca, intervindo o microondas e procedendo á súa detención –esta persoa conta con multitude de antecedentes por delitos semellantes–.

O detido quedou en liberdade en sede da Garda Civil, coa obriga de presentarse no xulgado cando sexa requerido.

Recopilación de pruebas en el vehículo. POLICÍA LOCAL DE POIO (2)