domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Detido un mozo por un roubo con intimidación a un menor en Poio

Detención del presunto ladrón. POLICÍA LOCAL POIO
Detención del presunto ladrón. POLICÍA LOCAL POIO
Arrebatoulle ao rapaz o seu móbil valéndose da súa superioridade física

A Policía Local de Poio detivo o pasado luns un veciño do municipio, que responde ás iniciais de A.J.G., como presunto responsable dun roubo con intimidación, perpetrado o pasado día 11 de febreiro nas inmediacións da Avenida da Barca. A vítima do asalto foi un menor de idade, a quen lle foi subtraído o seu teléfono móbil. 

No momento no que se produciron estes feitos, o mozo ía só camiñando, cando ao chegar á altura do cruce entre a Rúa Peirao e a Avenida da Barca, foi interceptado polo detido, que aproveitou a súa superioridade física para arrebatarlle o dispositivo á súa vítima.

Posteriormente o rapaz, acompañado polo seu pai, proporcionou aos axentes unha descrición do asaltante que serviu para localizalo na xornada deste luns.

O presunto responsable deste roubo é un home de 20 anos que, segundo puido constatar a Policía Local, conta cun amplo historial delitivo por asaltos semellantes.

Os responsables da investigación trasladaron as dilixencias ao Xulgado correspondente para que realice o procedemento penal.

Detido un mozo por un roubo con intimidación a un menor en Poio