A Policía Local de Poio detivo este martes un home residente no lugar de Portosanto (San Salvador) como presunto responsable dun delito de ameazas contra a súa parella sentimental.
Foi un veciño do lugar o que alertou ao 112 tras escoitar uns berros. Ata o lugar desprazáronse axentes do corpo de Seguridade municipal e unha patrulla da Garda Civil.
Segundo consta na declaración dunha testemuña do suceso, o detido presuntamente ameazou a vítima verbalmente e chegou a manter un forcexo con ela.