Detido un veciño de Poio acusado de ameazar a súa parella

Un veciño do lugar alertou ao 112 tras escoitar uns berros
Detención do veciño de Poio acusado de ameazar a súa parella. DP
photo_camera Detención do veciño de Poio acusado de ameazar a súa parella. DP

A Policía Local de Poio detivo este martes un home residente no lugar de Portosanto (San Salvador) como presunto responsable dun delito de ameazas contra a súa parella sentimental.

Foi un veciño do lugar o que alertou ao 112 tras escoitar uns berros. Ata o lugar desprazáronse axentes do corpo de Seguridade municipal e unha patrulla da Garda Civil.

Segundo consta na declaración dunha testemuña do suceso, o detido presuntamente ameazou a vítima verbalmente e chegou a manter un forcexo con ela.