miércoles. 18.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 18.05.2022
El tiempo

Díaz acusa a la conselleira de querer "pasarlle a pelota" ao secretario de Medio Ambiente

Manifestación contra as medidas de apoio ao abastecemento dos concellos da área de Vigo. GONZALO GARCÍA
A manifestación do domingo contra as medidas de apoio ao abastecemento dos concellos da área de Vigo. GONZALO GARCÍA

O alcalde de Ponte Caldelas afirma que, coa mera proposta do encoro, o dano ao desenvolvemento de Forzáns "xa está feito" e "é irreparable"

"Fixo falta unha manifestación na que participaron preto de 2.000 persoas para que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, responsable de Augas de Galicia, se manifestase. O que é lamentable é que o faga para botar balóns fóra", reclama o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, ante as declaracións da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez nas que propón unha reunión con todos os afectados polas medidas de reforzo ao abastecemento da área de Vigo, incluódo o encoro en Forzáns e un trasvase en Soutomaior.

Díaz considera que a conselleira "lle pasa a pelota" ó secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, ao pedir que se declarare de interese xeral do Estado o abastecemento de auga a Vigo e ó sur da provincia de Pontevedra. O alcalde indica que a conselleira só moveu ficha "logo de ver o resultado da manifestación que tivemos este domingo en Ponte Caldelas, onde participaron preto de 2.000 persoas. Agora que ve que o rexeitamento social é masivo pretenden que sexa o Estado ó que se poña ó fronte da cuestión? Por qué non amosou a súa postura antes? Se a manifestación do domingo non chega a ser masiva a Xunta avanzaría na proposta do encoro e do trasvase?".

"Ninguén vai querer mercar, restaurar ou construir unha nova vivenda nun lugar sobre o que pesa a sombra dun encoro", afirma o rexedor

Para o alcalde, "logo de que Xunta de Galicia, Goberno do Estado e Concello de Vigo pagasen a escote este estudo, a Xunta ven agora a pedir consenso e unha reunión con todos los alcaldes afectados, cando despois de que o anunciasen nos medios de comunicación nin a Xunta de Galicia nin o Goberno de España se dignaron a recibirme nin a enviarnos o estudo para que puideramos estudiar as agresións medioambientais que propoñen para o noso concello. Parece que non existimos", indica Díaz.

O alcalde de Ponte Caldelas recalca que o dano que se lle fixo ó futuro crecemento poboación de Forzáns é irreparable, porque vai marcar a parroquia “de por vida. Ninguén vai querer mercar, restaurar ou construir unha nova vivenda nun lugar sobre o que pesa a sombra dun encoro. É vergonzoso”. Remata Díaz “declarese ou non de interese do Estado o abastecemento dos concellos do sur da provincia, a última palabra e a autorización final dunha obra nun río tena a Xunta de Galicia”, insiste para remarcar que o problema non está en quen licite ou dea permisos a esta obra, senón nas súas consecuencias.

Díaz acusa a la conselleira de querer "pasarlle a pelota" ao...
Comentarios