miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

"Dicir que unha vila do interior perde veciños pola mala xestión é pura demagoxia"

O alcalde, na praza que dá acceso á Casa Consistorial, esta semana, despois de visitar unha obra. DAVID FREIRE
O alcalde, na praza que dá acceso á Casa Consistorial, esta semana, despois de visitar unha obra. DAVID FREIRE

Carlos Costa, o home que relevará a Julio Sayáns no tope da lista do PP, é "o mellor que lle pode pasar a Campo Lameiro". Así o describe o rexedor actual, que ten na precampaña o vieiro cara a súa xubilación. Ata confesa que lle dixo ao PP: "Teño dereito a irme". Sayáns, que chorou de alegría ao ser reelixido no 87, pecha con orgullo nove mandatos consecutivos

Alcalde durante 36 anos, e un dos poucos políticos que teñen que convencer aos demais para irse da actividade pública. O rexedor de Campo Lameiro, Julio Sayáns Bugallo (Miumenta, Campo Lameiro, 1950), explica como está vivindo esta precampaña para a súa xubilación real.

Vostede xa anunciara que quería deixar de ser o alcalde. É o momento de aclarar en cantas o pediu en serio e en cantas ía ‘de farol’...
Hai catro anos para min xa era unha ilusión deixalo. A miña situación familiar non era doada. Eu non teño irmáns, a miña muller tampouco, e vímonos con pais e tíos que coidar. Daquela, todo o mundo presionou para que seguira. Aceptei cunha condición: que o tenente de alcalde fora asumindo a Alcaldía. Pero foi o de sempre: espera, espera e espera. Chegou 2019 e seguiamos na mesma.

Seguían apostando por vostede?
Si, e eu dixen: "Ata aquí chegamos. Teño dereito a gozar da miña familia e da miña xubilación".

Pero por que custou tanto?
Estabamos no proceso de decisión. O grupo tivo que deixar de ‘pensar’ e actuar. Canto máis deixes o tempo, máis dúbidas creas no electorado.

Como é Carlos Costa, a persoa que toma o relevo?
Como persoa, é extraordinario. Como serio, non o pode ser máis. O mellor que lle pode tocar a Campo Lameiro. E sempre digo que é un home moi xusto: sabe distinguir entre o bo e o malo e as canles que ten que coller. Teño que porlle unha pega: é un pouco calado. Non se precipitará nunca a falar sen pensar ben antes.

E vostede déixalle deberes?
Ten por diante tres retos: poñer a funcionar ese centro de estancia para maiores, completar o saneamento de Fragas, e bueno, a terceira ilusión, unha mellor conexión para o polígono industrial, que debería chegar cando a A-57 se complete como circunvalación de Pontevedra.

O Centro de Estancia era unha espiña que tiñan cravada...
Estivéramos a piques de que o financiara a Xunta hai anos e quedámonos sen el. Tivemos que decidir facelo 100% municipal. Está financiado cun convenio co Plan de Reequilibrio Territorial da Deputación. Déronnos 380.000 euros e a nosa parte, chegámola mediante o Plan Concellos. 150.000 euros saíron de aí, e outros 130.000 que veñen da cantidade que a Xunta ía achegar para construír o edificio e que finalmente se destinaron ao equipamento. Queriamos un medio de transporte para ir a recoller aos veciños, pero non o temos aínda. A nova Corporación será a queo busque en xuño.

E o segundo reto?
O saneamento de Fragas estaba negociado con Augas de Galicia. Fora incluido co saneamento da ría con Conca do Lérez. Temos tres proxectos: o de Reboredo, xa para licitar, e os de Fontenla e Cerdeiras tiñan un problema polas augas e a redación ía ser máis cara. Todo levou a que se rescindiran os contratos e estamos á espera.

Cerdedo e Cotobade no anterior mandato foran socios do Consorcio Conca do Lérez. Campo Lameiro quedou descolgado da fusión?
Non. Campo Lameiro cría no Consorcio, nos servizos mancomunados. Cando se falou de fusión, cada concello tiña o seu modo de afrontala. Eu quería oír aos veciños. Os primeros aos que consultei dixeron: "E por que non con Moraña?" A nosa xeografía é distinta e non nos relacionamos so con Cerdedo e Cotobade. Tirar a unha fusión causaba dúbidas.

E logo podía terse sumado?
Si. Pero sondeei e xa vin que non. Hai moito amor polo terruño.

A fusión serve para tapar a sangría demográfica?
Non. Rotundamente. A sangría segue aí, por infinitos motivos. A realidade é esa e hai que adaptarse. Que me digan que unha vila do interior perde veciños por mala xestión é pura demagoxia.

E como se pode arranxar iso?
Non se fará mentras todos sigan lexislando contra o rural, poñendo pegas e sen axudar. Hoxe, por exemplo, un 80% dos permisos que temos que pedir para actuar vai a Patrimonio. Non hai facilidades.

Cre que teñen apoio para coidar tanto patrimonio?
Non. Fai falta máis. Nós estamos pendentes dun convenio para renovar o mantemento das tres grandes estacións de petróglifos. Tamén entendo que a Xunta ten moitos frontes abertos, pero...

O Parque da Arte Rupestre que tanto defendeu, tornou nun pesadelo cando a concesión a levou o seu fillo e se danou un gravado?
O parque é unha marabilla. Conserguimos convencer á Xunta para acoller aquel gran referente, cando moitos outros concellos teñen arte rupestre. Cando se quixo ir sobre o feito de que meu fillo tivera a concesión e se lle responsabilizou por un accidente, por un erro humano, paseino mal. Pero el ten agora outras concesións e contratos coa Deputación actual en Pontevedra así que non debe de ser tan mal xestor.

Foi o seu peor momento?
Posiblemente.

Pasoulle factura electoral?
De cara aos veciños? Ningunha.

E cal lembra como a mellor experiencia?
Lémbrome a min mesmo chorando de alegría na segunda reelección, cando sacamos oito concelleiros e deixamos a os outros con un concelleiro cada un. Ou a visita de Fraga a inaugurar o Centro Social, ou as dúas de Feijóo para estrear a Casa Consistorial e o Parque da Arte Rupestre... E moitos outros cos veciños.

"Cando cheguei para a primeira iluminación, cada veciño pagaba pola súa farola"
Como valora o seu periplo?
Cheguei como independente, pero non podo dicir nada do PP. A primeira reforma deste concello estaba de conselleiro José Luis Barreiro. Fomos pedindo tres millóns de pesetas. E díxonos «facede un proxecto como hai que facer e traédemo. Cando cheguei, cada núcleo tiña asfaltada a pista central. Estaban poñendo o primeiro alumeado e cada veciño pagaba mil pesetas pola súa farola. Agora voume e temos de todo, temos un Multiusos unha Casa do Concello e un Parque Rupestre que son referentes de arquitectura. Temos Biblioteca, temos Pavillón de Deportes, Piscina Municipal, Polígono Industrial que a Xunta non quixo financiar e pagamos nós, temos o saneamento en marcha...

É dicir, que se vai coa misión cumprida.
Bueno, tratei de actuar aplicando o sentido común e buscando o acordo dos veciños, sen falar do que non tiña por escrito e sobre

"Dicir que unha vila do interior perde veciños pola mala xestión é...
Comentarios