
Algúns protestaron pola colocación do escenario nas inmediacións das súas vivendas
Veciños da poiense rúa Oliveira denunciaron a celebración dos primeiros eventos culturais do verán no municipio, como foron os concertos da fin de semana, e protestaron pola colocación do escenario nas inmediacións das súas vivendas, alegando que "ninguén nos preguntou". Ademais, mostráronse "descontentos" e "desconfiados" polo aforo permitido, polo que, segundo informou un voceiro, este luns presentarán un escrito no Concello.
Ademais desta circustancia, os veciños da rúa tamén denunciaron a conflitividade na zona, coa celebración "de botellóns", e a entrada ilegal a vivendas pertencentes á urbanización Camelias.