domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

"Do 95% de ocupación pasamos ao 10%, pero non tivemos que pechar"

Varios dos "clientes" de catro patas do centro de gardería canina Kennels de Combarro dando unhas carreiras polas instalacións con dous dos seus coidadores. GONZALO GARCÍA
Varios dos "clientes" de catro patas do centro de gardería canina Kennels de Combarro dando unhas carreiras polas instalacións con dous dos seus coidadores. GONZALO GARCÍA
O centro canino Kennels de Combarro, único hotel para mascotas da comarca, mantívose aberto durante todo o confinamento para atender ós cans de sanitarios e de persoal que traballou durante a crise ► Os coidadores atenden agora animais que sufriron por non poder saír

"Cando comezou a crise, estabamos a piques de entrar na Semana Santa. Nós como hotel para mascotas, podemos dicir que iso era plena tempada. Tiñamos un 95% de reservas e de súpeto pasamos ao 10%. Quedaron só os cans daquelas persoas que por traballo non están aquí e que temos acollido por longas tempadas". Deste xeito, o hotel para mascotas Kennels, situado en Combarro, Poio, entrou no estado de alarma hai casi 70 días con dous retos: sobreporse á caída case total das reservas, pero non pechar, porque, a diferenza de gran parte da hostalería tradicional, no seu centro había nove hóspedes que non podían quedar sen os seus servizos.

De 17.00 a 20.00 hotel canino de Combarro. Centro Kennels. Repor para ver como pasan a vida os cans de persoas que tiveron que asumir máis carga laboral durante o confinamemto e un dos hoteles que non cerrou durante a crise sanitaria. Se pode ser, cans con coidador ou con persoas... Chamade antes ao 654 84 43 05, miércoles, 20 may · 17:30–20:15Manuel Lorenzo, coidador e auxiliar veterinario do centro, explica que "unha das primeiras cousas que se fixo foi falar cos xefes e acordar baixar os salarios dos tres traballadores, deste xeito, non fomos a un Erte". Ao pouco do inicio da situación, a lista de "clientes" deste hotel comezou a medrar de novo, e no que vai de desescalada outros 12 animais chegaron ao centro de gardaría, neste caso, desde vivendas e familias nas que os responsables dos cans traballan ben nos servizos sanitarios ou nos de seguridade cidadá, que nestes tempos de crise viron como medraba a súa carga laboral e de estrés, e preferiron que os animais quedaran, temporalmente, en mans dos profesionais.

Non sabiamos moi ben se nos ían dicir algo se nos paraban nas viaxes que facemos para recoller os animais, pero presentando o papel de permiso por estar traballando non tiñamos problema

Manuel explica que esta opción foi cada vez máis demandanda por quen "se decatou de que non ía ter tempo para sacar os cans, darlles o paseo ou xogar con eles como demandan. Os nosos clientes só tiveron que chamarnos e nós fixémonos cargo da recollida e do resto de coidados que foron precisos", aclara.

De 17.00 a 20.00 hotel canino de Combarro. Centro Kennels. Repor para ver como pasan a vida os cans de persoas que tiveron que asumir máis carga laboral durante o confinamemto e un dos hoteles que non cerrou durante a crise sanitaria. Se pode ser, cans con coidador ou con persoas... Chamade antes ao 654 84 43 05, miércoles, 20 may · 17:30–20:15Os servizos dos hoteis caninos non apareceron nos sucesivos decretos do estado de alarma, posto que esta prestación non é moi común, de xeito que esta parte dos traballadores do hotel Kennels tamén pasou por un periodo de dúbidas. "Non sabiamos moi ben se nos ían dicir algo se nos paraban nas viaxes que facemos para recoller os animais, pero despois duns días vimos que presentando o papel de permiso por estar traballando non tiñamos problema algún", explica Manuel.

A medida que avanzou o estado de alarma, os clientes comezaron a preguntar por comportamentos dos animais que non eran comúns: "os cans tamén padeceron o confinamento"

Agora, co proceso de desescalada en marcha, o centro comeza a ver a luz, tamén despois de readaptarse. "Puxemos en marcha un servizo de gardaría de día. Os cans veñen tres días á semana: recollémolos pola mañá e entregámolos na casa ao acabar o día. Está pensado para que corran e fagan exercizo, porque moitos empezaron a sufrir polas normas do confinamento, ao non poder pasear, facer a actividade que precisan ou socializar con outros cans e xogar".

Mentras volven a medrar as reservas esta nova oferta tamén está a despertar o interese dos donos de mascotas, en especial, dos cans máis activos e grandes ou de aqueles que requerían algún entrenamento e teñen que "refrescar" a memoria con eses hábitos.

"Do 95% de ocupación pasamos ao 10%, pero non tivemos que pechar"
Comentarios