Dúas campionas do mundo, mulleres do ano en Poio

As deportistas Paula e Paloma González Esteban recibiron o premio da Secretaría xeral de Igualdade
photo_camera Entrega do premio no centro cultural Xaime Illa de Raxó. DAVID FREIRE

A asociación Mulleres en Igualdade de Poio celebrou onte a primeira edición da súa gala Muller do Ano, destinada a recoñecer a unha muller pola súa labor en calquera ámbito, xa sexa no deporte, na cultura, e tantos outros. Pero este ano foron dúas. Trátase das irmás pontevedresas Paula e Paloma González Esteban, que en 2018 acadaron o título de campionas do mundo de vela. O premio, que recoñeceu a traxectoria ata o momento das dúas mozas e a súa labor en canto ao deporte pontevedrés, foilles entregado por representantes da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Durante a gala, ademais, houbo espazo para gozar da arte, coa exposición de pintura da veciña de Poio Rosana Boullosa Gómez, e tamén se fixo entrega do galardón do concurso de decorado de Nadal ao establecemento Tapería Bar Basilio, de Raxó.

Comentarios