Unha protesta no IES de Poio esixe máis financiamento para o FP de Guía

O acolle unha manifestación co fin de reclamar un suplemento de 50.000 euros para asumir os custos do ciclo que imparte ► Educación sostén que continuará co diálogo "para atopar solucións"

A protesta celebrada o venres no exterior do IES de Poio. DAVID FREIRE
photo_camera A protesta celebrada o venres no exterior do IES de Poio. DAVID FREIRE

Primeira protesta no IES de Poio pola precaria situación económica a causa da falta dun suplemento que permita afrontar os custos das formacións do alumnado do ciclo de FP Guía do Medio Natural e de Tempo Libre.

Os alumnos, familias e mestres congregáronse no exterior do centro, cun cartel no que se podía ler o lema Sen investimento non hai educación para reclamar que a Consellería atenda a unha única petición de dotar unha partida orzamentaria específica para afrontar os gastos desta formación, que ten esixencias de custe elevado que non foran contempladas anteriormente no orzamento para o IES.

A Consellería de Educación indicou ao respecto desta demanda, que é compartida por outros catro centros de Pontevedra e A Coruña, que "os centros xa foron recibidos pola Consellería e que quedaron en ter unha nova reunión".

No encontro coa directora xeral de Formación Profesional, estes institutos –ademais do IES de Poio, acudiron os centros IES Pintor Colmeiro, de Silleda, IES Porto do Son e IES Terra Turonio, de Gondomar–, explicaron a situación que se está a xerar ao non ter aumentado os ingresos pese a facerse cargo deste novo FP, que capacita ao alumnado para ser monitor de natación, canoa, barranquismo, guía de baixa e media montaña e equitación, competencias que só se poden adquirir realizando prácticas e saídas a espazos habilitados, empregando material de seguridade e instrumentos que é preciso auditar, arranxar e calibrar, e pagando seguros por cada participante.

O centro estima en 50.000 euros a maiores este gasto. O seu orzamento é de 90.000 euros, e este ano foi preciso deixar sen partida para actividades extracurriculares a todos os departamentos (uns 500 alumnos) para poder asumir os custos da formación deses 40 estudantes.

Comentarios