jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

Eliminados 200 niños de velutina en Cerdedo-Cotobade este ano

A maioría dos niños retirados denunciáronse a través do teléfono 012. DP
A maioría dos niños retirados denunciáronse a través do teléfono 012. DP
O Concello conta con dúas brigadas creadas para combater a esta praga

Protección Civil de Cerdedo-Cotobade leva retirados case 200 niños de vespa velutina no que vai de 2019. O Concello conta con dúas brigadas creadas para combater a esta praga, segundo o responsable de Protección Civil e coordinador do plan, Javier Lois. 

Os dous equipos especializados, xunto aos operarios municipais, levan suprimidos case 200 niños en oito meses. Protección Civil está a empregar o sistema de pértega para retirar os niños, pero xa está a barallar a súa substitución pola escopeta con estouridos. "É un sistema máis efectivo e pensamos en implantalo na nosa agrupación", indicou o responsable, que xa iniciou os contactos coa empresa proveedora.

Eliminados 200 niños de velutina en Cerdedo-Cotobade este ano
Comentarios