O embarrancamento dun barco en Covelo debeuse a "un despiste" pola marea baixa

O armador, Modesto Martínez, explicou que o suceso saldouse tan só con "pequenos danos no casco" que xa están a ser reparados
O operativo, na noite do domingo. PROTECCIÓN CIVIL - O embarrancamento dun barco en Covelo debeuse a "un despiste" pola marea baixa
photo_camera O operativo, na noite do domingo. PROTECCIÓN CIVIL

Un susto. Así quedou o suceso acontecido na noite deste domingo, tras embarrancar un barco preto de Covelo, en Poio, que, segundo explicou este luns o armador, Modesto Martínez, debeuse a "un despiste". Os mariñeiros confiáronse, achegáronse coa marea baixa e deron cunha rocha que hai alí, algo separada da costa". Neste sentido, o armador asegurou que a embarcación xa está a ser reparada tras sufrir "pequenos danos no casco", aos que lle quitou importancia.

A voz de alarma foi dada arredor das 20.00 horas do domingo polo 112, que alertaba dun afundimento preto do Porto de Covelo. Ao recibir o aviso, dispúxose un operativo de rescate onde participaron Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Protección Civil de Poio, Policía Local de Poio e unha embarcación da Garda Civil. A pesar da alerta inicial, os servizos de emerxencia puideron comprobar rápidamente que non se trataba dun afundimento, senon que o barco atopábase embarrancado nas rochas. Afortunadamente, os dous únicos tripulantes da embarcación estaban a salvo, e foron recollidos e levados ata o porto de Combarro pola Garda Civil.

Segundo confirmou o armador, ambos mariñeiros non chegaron a tocar a auga, polo que o seu estado de saúde non foi máis alá dunha pequena hipotermia, segundo informou Protección Civil de Poio.

Comentarios