Emerxencias de Soutomaior atendeu a tres menores nun sinistro e sofocou un lume

O incendio chegou a supoñer un risco para as vivendas próximas
Extinción del incendio. PC SOUTOMAIOR
photo_camera Extinción del incendio. PC SOUTOMAIOR

Efectivos de Protección Civil de Soutomaior participaron este mércores pola tarde nas tarefas de primeira atención nun accidente de tráfico na estrada N-550 ao seu paso por Arcade.

Aínda que o sinistro era unha colisión por alcance con tres turismos implicados, un deles resultou con ocupantes feridos, entre os que había tres menores de idade, os cales recibiron primeira asistencia por parte do presidente da Agrupación, á espera da chegada dos medios sanitarios enviados polo 112 Galicia.

INCENDIO. O sinistro non foi o único suceso da xornada, posto que, case á mesma hora, os efectivos locais foron chamados para sofocar un incendio. Tratouse dun fogo presuntamente producido por unha queima ilegal de rastroxos que a causa do vento invadiu as fincas colindantes, chegando a supoñer un risco para as vivendas próximas. Un dos flancos do lume foi extinguido a tan só 5 metros dun bloque de viviendas.