jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

EnPoio súmase aos colectivos solidarios coa doazón de 1.000 euros a Servizos Sociais

Membros de EnPoio no exterior do concello. DP
Membros de EnPoio no exterior do concello. DP
O Concello destinará esta axega ao Fondo de Emerxencia Social, que presta auxilio a unhas 300 familias

A Asociación Empresarial EnPoio fixo entrega ao Concello dun cheque por valor de 1.000 euros, que será destinado ao departamento de Servizos Sociais.

O alcalde de Poio, Luciano Sobral; o concelleiro de Promoción Económica, Gregorio Agís, e a titular de Benestar Social e Mocidade, Rosa Fernández, foron os encargados de recoller o cheque, que foi achegado por varios representantes do colectivo, incluídos o seu presidente, Guillermo Campos, e o tesoureiro, Arsenio Pedre.

O Concello destinará esta achega ao Fondo de Emerxencia Social, a través do cal se lle presta auxilio a máis de 300 familias do municipio que se atopan nunha situación de risco de exclusión social.

Esta doazón foi realizada a través das achegas feitas polos diferentes negocios que forman parte da asociación de comerciantes, tal e como explicaron o seus responsables. "A nosa intención é poder axudar á persoas do noso concello que máis o precisan, porque a veciñanza é o motor do noso pobo e a unión é o que nos move para poder chegar máis lonxe", indican.

Tanto o alcalde como o resto de representantes do Goberno local presentes no acto expresaron o seu agradecemento por esta achega. Os dirixentes municipais salientan "o compromiso desta asociación, que apenas conta cun ano de vida, á hora de implicarse en iniciativas en favor da cidadanía ou dos colectivos sociais".

O colectivo EnPoio, deste xeito, suma esta acción a outras colaboracións realizadas previamente á hora de impulsar todo tipo de eventos. Actualmente, a Asociación Empresarial EnPoio conta con preto de 30 asociados, entre os que figuran profesionais de diferentes sectores comerciais.

A edil de área, Rosa Fernández, agradeceu todas as colaboracións de asociacións e particulares e lembrou que en 2020 a partida do Fondo de Emerxencia acadou os 70.000 euros por mor da situación xenerada pola pandemia, unha cifra que duplica a investida no ano anterior.

EnPoio súmase aos colectivos solidarios coa doazón de 1.000 euros a...
Comentarios
ç