Ernesto Filgueira será o candidato do BNG en Cerdedo-Cotobade

O veciño de Viascón é presidente da comunidade de montes local e da asociación de veciños O Agro, pero é máis coñecido por ter xestionado ata o ano pasado o comercio familiar La Casa de los Paraguas

Ernesto Filgueira. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Ernesto Filgueira. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

Os nacionalistas de Cerdedo Cotobade presentaron este venres a candidatura de Ernesto Filgueira para a Alcaldía do concello fusionado.

O veciño de Viascón é presidente da comunidade de montes local e da asociación de veciños O Agro, pero é máis coñecido en toda a comarca por ter xestionado ata o ano pasado o seu comercio familiar La Casa de los Paraguas. Ademais foi impulsor e presidente da Zona Monumental de Pontevedra, presidente do Casino Mercantil, membro de Aempe, cargos que xa non exerce en actualidade,

FIlgueira explicou que se abre unha etapa de traballo e reunións coas asociacións de todo concello ao tempo que irá perfilando a súa lista. Paliar a despoboación do rural, favorecer a implantación de empresas, axudar aos autónomos, diversificar os usos do monte e por en valor o patrimonio local son algúns dos obxectivos que se plantexou na súa presentación.

Comentarios