Esgotadas as 720 prazas para as visitas teatralizadas de Samaín no Castelo de Soutomaior

A Deputación ofrecerá ao longo do mes de outubro un total de 24 pases, 16 dirixidas a público infantil e oito para o adulto entre os días seis e 28
Una representación anterior. R.F.
photo_camera Unha representación anterior. R.F.

A Deputación ofrecerá ao longo do mes de outubro un total de 24 pases, 16 dirixidas a público infantil e 8 para o adulto entre o 6 e o 28 de outubro

As novas visitas teatralizadas de Samaín que organiza a Deputación de Pontevedra no Castelo de Soutomaior rexistraron unha excepcional acollida, de xeito que xa teñen esgotadas o total das 720 prazas. Hai que lembrar que a institución provincial promove dúas modalidades distintas para estas visitas, que se celebrarán ao longo do mes de outubro: unha delas nocturna e destinada ao público adulto e outra para un público infantil e familiar. 

Ambas actividades estarán a cargo da compañía Troula Animación e baséanse na idea de que os asistentes o pasen ben pasándoo mal. As visitas para público infantil celebraranse todos os sábados e domingos do mes (os días 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de outubro) en dobre sesión, ás 11:30 e ás 16:30 horas, e nelas o público gozará dunha historia terrorificamente divertida. 

Por outra banda, as visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e os sábados (os días 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de outubro) en horario de 20:00 horas, e nelas os participantes (idade recomendada a partir dos 16 anos) porán a proba a súa valentía nunha visita guiada onde nada é o que parece. En cada sesión participarán 30 persoas.

As restantes propostas no Castelo de Soutomaior neste outono tamén están a obter un grande acollemento. Deste xeito, están esgotadas as prazas do obradoiro que o 28 de outubro amosará ás familias participantes o máxico mundo do Samaín e as árbores e froitas típicos desta tradición, así como as do magosto previsto para o 4 de novembro, con saída polo bosque para recoller castañas e a posterior degustación.

Comentarios