martes. 17.05.2022 |
El tiempo
martes. 17.05.2022
El tiempo

"Estamos contra 'Os Cotos', quen non o queira entender faino por mala fe"

O alcalde, Jorge Cubela. RAFA FARIÑA
O alcalde, Jorge Cubela. RAFA FARIÑA
Jorge Cubela insiste en que o informe presentado xa contén a valoración negativa dos técnicos que lle reclama o PSOE

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, non acepta a crítica que lle lanza o PSOE local poñendo en dúbida a fórmula elixida para respostar ao proceso de información pública do proxecto eólico Os Cotos. O alcalde rexeitou as críticas e peticións de novos informes negativos asinados polos técnicos municipais e non por unha consultora privada.

Ante iso, Cubela saíu ao paso do que considera unha "difamación interesada" e reiterou que o completo documento de alegacións do Concello presentado e asinado polos tres responsables dos grupos municipais contra o Parque Eólico dos Cotos están respaldadas polo informe negativo dos técnicos municipais e da empresa especializada en materia medioambiental Tysgal, contrata polo Concello para elaborar "un concienzudo e completísimo estudio en contra deste proxecto".

Cubela, tras esa crítica ve un intento de "manipulación", de tirar "rédito político de cara ás eleccións do ano que vén" ou mesmo de "debilitar o movemento contra o parque eólico".

"Como pode haber tanta estreitez de miras neste tema que debería facernos reflexionar, aparcar as nosas diferencias e unirnos a todos e todas fronte a un problema que nos afecta por igual, sen ideoloxías e sen politiqueos?", pregúntase o rexedor, que insta ao PSdeG a rectificar nesa actitude: "A xente ten ben claro que si empezamos con estas manipulacións e rifirrafes a unidade de acción vaise ir debilitando e poñendo en serio risco todo aquello que levamos conseguido ata o de agora a través do traballo conxunto".

"Podemos dicilo máis alto, pero non máis claro: O Goberno municipal pronúnciase en contra do Parque Eólico dos Cotos. Quen non o queira entender non é por ignorancia, é por mala fe e con estas artimañas non imos ir moi lonxe", conclueu.

"Estamos contra 'Os Cotos', quen non o queira entender faino por...
Comentarios