A estrada entre Serrapio e Vichocuntín abre este sábado

As obras nesta vía de Cerdedo-Cotobade rematarán durante este mes de marzo

Un treito da estrada. GOOGLE MAPS
photo_camera Un treito da estrada. GOOGLE MAPS

A estrada entre Serrapio e Vichocuntín (PO-230), no Concello de Cerdedo- Cotobade, na que a Xunta está a realizar obras de mellora, abrirá ao tráfico este sábado a primeira hora.

Durante as últimas semanas foi preciso pechar a circulación neste treito co fin de avanzar no acondicionamento que se está a acometer na vía.

As obras, cuxo remate se prevé para este mes, teñen como obxectivo a ampliación da calzada ata acadar un ancho de 7 metros e a rectificación de varias curvas para mellorar o trazado da estrada.

Comentarios