Evacuado en helicóptero un home que caeu dun cabalo na Lama

O xinete sufriu o percance en Verducido
Traslado do home accidentado na Lama. RADIO NOVA
photo_camera Traslado do home accidentado na Lama. RADIO NOVA

Un home de 52 anos foi trasladado en helicóptero este domingo a un centro médico de Pontevedra tras caer dun cabalo na Lama. Atendendo á información divulgada polo 112, o sinistro rexistrouse en Verducido a primeira hora da tarde, cando o home, veciño do lugar, baixaba desde un monte nun cabalo seu.

Foi sobre as 15.30 horas cando o persoal sanitario informou á central de emerxencias da saída do helicóptero con base en Ourense para evacuar o home, que estaba consciente cando foi trasladado. O 112 solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil.

A actuación do helicóptero débese sobre todo á distancia existente entre Verducido, unha parroquia situada no límite coa provincia de Ourense, e Pontevedra, onde están os centros sanitarios de referencia.