Unha familia de Poio recurre a Protección Civil para liberarse de dúas culebras

► Os animais pertencían a especies distintas e alteraron a paz nunha vivenda de Viñas, onde unha delas ademais se agochou nun buraco dificultando o seu rescate
► Un dos exemplares era unha serpe de escaleira e o outro unha culebra bastarda
Culebra Poio 4
photo_camera Momento de liberación das culebras rescatadas en Viñas. P.C. Poio

As altas temperaturas están provocando un incremento notable nas estatísticas de encontros con ofidios nas zonas máis poboadas dos concellos. Así, se o xoves era Protección Civil de Soutomaior o corpo que tiña que dar conta de catro réptiles nun lapso de apenas unhas horas en Arcade e Vilaboa, na xornada do venres foron os e as voluntarias de Protección Civil de Poio os que se viron sorprendidos por moitos avisos.

O exemplar de culebra bastarda. P. C. Poio
Culebra bastarda. P. C. Poio

 

Na xornada de mañá, segundo indicaron, xa había dúas alertas, aínda que antes da chegada os animais xa tiveran ocasión de escapar do punto onde foran vistos. Na de tarde, nunha mesma casa de Viñas, en San Salvador, unha familia pasou un susto grande por atoparse con que dous réptiles merodeaban a vivenda.

Unha delas resultou ser unha culebra de escaleira, das que se caracterizan por levar dúas bandas escuras, lonxitudinais sobre o lombo e que son plenamente inofensivas. A outra era un exemplar de Malpolon monspessulanus ou culebra bastarda.

Este tipo de animais teñen veneno pero normalmente úsano para capturar ás súas víctimas e inocúlano cos seus colmillos máis interiores polo que non adoitan representar tampouco un grande perigo salvo en circunstancias excepcionais. Os responsables de Protección Civil fixéronse cargo da captura, que foi máis traballosa nun dos casos, ao agocharse a serpe nos propios ocos da placa da vivenda para librarse da presenza dos intrusos. Ao final, ambos exemplares foron liberados en perfecto estado nunha zona afastada.

Protección Civil recomenda manter a calma á hora destes encontros fortuítos coas culebras. A veces, se se actúa sen alarma, os propios animais atopan a forma de fuxir das zonas habitadas, en donde saben que non son benvidos. En caso de considerar que poden supoñer un risco, os voluntarios actúan sempre que poden respectando a integridade dos animais, que son capturados con caixas de plástico e levados a puntos nos que non hai veciñanza.