Ferido un traballador en accidente laboral mentres traballaba en San Salvador

O home levou un golpe na cara cunha mangueira de formigón do que resultaron varias feridas que precisaron atención médica
Accidente laboral en San Salvador de Poio. DP
photo_camera Accidente laboral en San Salvador de Poio. DP

Unha ambulancia do 061 trasladou este xoves ao hospital Quirón Salud a un traballador da construción que resultou ferido no transcurso da súa xornada nunha obra en San Salvador.

O home levou un golpe na cara cunha mangueira de formigón do que resultaron varias feridas que precisaron atención médica.