A Festa da Ameixa vence á chuvia

Houbo cheo nas dúas xornadas de degustación do principal produto da lonxa de Campelo
Os e as asistentes encheron as mesas da carpa da degustación. DAVID FREIRE
photo_camera Os e as asistentes encheron as mesas da carpa da degustación. DAVID FREIRE

Dobre cheo na carga de degustación da Festa da Ameixa nas dúas xornadas de degustación do evento de exaltación do principal produto da lonxa de Campelo.

As instalacións cubertas deron acubillo fronte á choiva e ao vento a centos de persoas que non deixaron pasar a ocasión de reencontrarse coas racións preparadas expresamente por un equipo de cociñeiros na propia carpa de ameixas á mariñeira (a variedade máis demandada), ameixas con arroz ou fideos con ameixas.

A festa non tivo que cambiar case nada da programación preparada para o domingo a pesar da tarde con chuvascos que se rexistrou. Deste xeito, a carpa acolleu o concerto dos Bolechas, ofrecido en colaboración coa Xunta de Galicia, así como a actuación da Escola de Acordeóns de Campelo, unha das bandas máis emblemáticas da localidade. O único que non resistiu a presenza da chuvia foi a cita coa orquestra Capitol que se adiou para outra data ante a mala previsión do tempo para a hora da actuación. Deste xeito, a festa pechou as súas portas despois de tres días nos que o Goberno local de Poio quixo que este evento, que é un dos máis antigos do municipio, con 35 anos, quixo que Campelo se convertera en escaparate da tradición mariñeira de Poio e reivindicara o poder gastronómico da súa ameixa. Na cita tamén se homenaxeou a 19 mariscadores e mariscadoras xubiladas e á exconselleira do Mar, Rosa Quintana. Ademais, recuperouse outro dos elementos aclamados polo público: a tirada de fogos de lucería o sábado.

Asistentes á festa, nas mesas da carpa. DAVID FREIRE
Asistentes á festa, nas mesas da carpa. DAVID FREIRE

Comentarios