jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

A Festa do Petote xa acumula 300 reservas dun total de 600 prazas

A presentación da festa, onte, nas inmediacións da Praza do Concello, en Carballedo. DP
A presentación da festa, onte, nas inmediacións da Praza do Concello, en Carballedo. DP
A festa iniciarase o domingo na Chan cun desfile de comparsas de Entroido. A organización repartirá
300 petiscos gratis

A XI Festa do Petote, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade, que se vai celebrar este domingo, xa acadou o 50% de ocupación polas reservas realizadas nos nove restaurantes colaboradores do municipio, que ofrecen 600 prazas de comensais.

A cifra foi revelada este xoves polo alcalde, Jorge Cubela, na presentación da cita gastronómica, na que tamén estiveron os edis Fernando Vázquez e Javier Lois, que se encargan da coordinación da programación e da Protección Civil.

O programa dará inicio ás 12.00 horas do domingo cun desfile de comparsas polas rúas de Carballedo no que participarán as tradicionais madamitas e folións así como As Flores do Carnaval. Posteriomente terá lugar a lectura do pregón, recuperando deste xeito unha actividade propia das seis primeiras edicións desta cita gastronómica.

O gaiteiro Óscar Ibáñez, moi vencellado ao municipio, será o protagonista deste acto. A continuación, haberá sesión vermú con degustación gratuíta de petote na que se repartirán máis de 300 petiscos na Praza da Chan; animación musical co concerto do grupo A Tajea; e inchables e outros xogos para os cativos.

Ante a previsión de choivas, o Concello colocará unha carpa para garantir o desenvolvemento das actividades. As persoas interesadas na degustación poden facer as súas reservas en: A de Tucho (Augasantas), A Raxadal e Casa Inés (Carballedo), Casa Blanco (Rebordelo), A Vosa Taberna (Borela), O Novo Chiringuito (Valongo) e Espigueiro e O Meu Lar (Cerdedo) e Restaurante Davi (Quireza).

O menú estará composto de cocido completo e petote, postre e bebida a un prezo de 20 euros por persoa en todos os establecementos. Cubela, destacou a importancia do retorno económico que este novo formato xenera nos restaurantes e animou á participación.

A Festa do Petote xa acumula 300 reservas dun total de 600 prazas
Comentarios