Filgueira acusa a Cubela de "mentir" con Os Cotos e pide cumprir o acordo sobre Abanca

O voceiro dos nacionalistas lamentou que o alcalde "non contestara ás preguntas formuladas polo BNG"
Ernesto Filgueira Touriño. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Ernesto Filgueira Touriño nunha imaxe de arquivo. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

O voceiro do BNG, Ernesto Filgueira, lamentou que o alcalde, Jorge Cubela, "non contestara ás preguntas formuladas polo BNG" no último Pleno "e se remitise a que se enviarán as respostas por escrito".

Nas preguntas, por unha banda, Filgueira acusou a Cubela de "mentir aos veciños e veciñas" asegurando "que non había nada nin na Xunta nin no Concello sobre o Parque eólico dos Cotos cando se demostrou que era coñecedor dos mesmos desde xaneiro de 2021".

No que respecta a Abanca, o voceiro nacionalista preguntou se xa foran retiradas as contas municipais da entidade e, en caso contrario, "cando ten pensado cumplir o acordo plenario", así como polas xestións para a chegada dunha nova entidade.

Comentarios