sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

O 'flow' de El Combo Dominicano arrasa no sábado noite de A Seca

Os poienses movéronse este sábado ao son dos grandes éxitos de El Combo Dominicano. GONZALO GARCÍA
Os poienses movéronse este sábado ao son dos grandes éxitos de El Combo Dominicano. GONZALO GARCÍA
A orquestra de moda congregou este sábado a unha maioría de público xove para dar carpetazo aos grandes concertos de Verán en Poio

Dous anos sen poder bailar o flow da cucaracha en condicións fixéronse ben longos, pero o momento por fin chegou. O reencontro con este exitazo de El Combo Dominicano produciuse este sábado na explanada da Seca, cun público ateigado de xente nova que chegaba xa predisposto a gozar da noite, despois de esgotar as entradas varios días antes da cita.

O evento celebrouse sen contratempos, e xa coa experiencia adquirida da noite anterior, na que París de Noia inaugurou a nova modalidade de concertos de pé en Poio, baixo a atenta supervisión dos efectivos de Protección Civil, que custodiaron todo o recinto, e volveron habilitar a carpa a través da cal ofreceron axuda a todo aquel que a puidera precisar. Como na noite anterior, a Policía Local dispuxo un operativo que se desenvolveu co máximo respeto ás medidas sanitarias. Neste sentido, os espectadores volveron ocupar os seus lugares asignados por orde de chegada en dúas parcelas delimitadas con capacidade para 500 persoas cada unha e dende as que, agora si, puideron moverse ao ritmo da música.

El Combo dominicano na explanada da Seca_ Poio_ Apertura as 21_ actuacion as 22_ Con publico de pe

Para o edil de Festexos, Xosé Luis Martínez, que hai poucos días anunciaba o cambio de formato para os eventos orquestreiros que pecharon as grandes actuacións do programa, e que ata ese momento se viñan realizando con público sentado, a nova fórmula foi todo un "éxito", xa que o ambiente estivo sensiblemente máis animado que nas anteriores citas. Martínez amosouse "moi satisfeito" polo resultado dos eventos programados, e especialmente por estes dous últimos, xa que a súa correcta realización dá luz verde a continuar avanzando coa programación de eventos con mellores condicións de cara ao futuro.

A programación de Verán en Poio pecha este domingo definitivamente, xa uns días despois do inicio do outono, co espectáculo de clown de Isolada, a partir das 19:00 horas, e o concerto do grupo de folk vigués Pelepau, a partir das 20:00 horas. Ambas terán lugar no Parque de Costa Xiráldez para despedir uns meses festivos en Poio que non tiveron nada que envexarlle á programación pre pandémica.

O 'flow' de El Combo Dominicano arrasa no sábado noite de A Seca
Comentarios
ç