Forcarei acollerá este mércores a realización de probas PCR a cen persoas de risco

A Lama duplica o número de positivos nun día por un brote en Xesta
Cribado masivo entre los vecinos de Xove. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Imaxe de arquivo dun cribado. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Os pacientes e traballadores de especial risco acudirán este mércores no primeiro cribado de PCR que realizará o Sergas en Forcarei trala demanda da alcaldesa. Traballadoras e demandantes do Servizo de Axuda no Fogar e persoal municipal con funcións de atención ao público forman a listaxe.Todos recibirán unha mensaxe do Servizo de Galego de Saúde no seu teléfono para acudir o xoves pola mañá ao pavillón municipal de Soutelo de Montes, que será desinfectado e acondicionado para esa función.

A alcaldesa Verónica Pichel solicitoulle á Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra-Salnés este cribado aínda que defendía que se lle realizara a toda a poboación para detectar asintomáticos.

Por outra banda, os centros de saúde de Forcarei e Soutelo recuperaron a atención médica, despois das baixas dos dous facultativos titulares que deixaran o luns sen servizo ao concello. Sen embargo, este martes foron baixas repentinas das enfermeiras as que mermaron o servizo. A alcaldesa segue a denunciar «a desatención médica no peor momento da pandemia» e pide máis medios. O Sergas só garante a atención dos médicos ata o venres.

Forcarei emitiu este martes novas medidas para frear a pandemia: péchanse os pavillóns deportivos, as pistas de pádel e no Concello atenderase só con cita previa.

Un brote familiar con varios asintomáticos parece estar detrás da situación atípica que vive o Concello da Lama

Tamén o BNG e PP se pronunciaron sobre a crise sanitaria para apoiar a petición do cribado masivo e sinalar que pode haber o triple dos casos coñecidos (26) segundo as fontes veciñais.Lembran que Forcarei é o Concello coa poboación máis envellecida da provincia e ofrecen colaboración ao Concello.

A LAMA. Un brote familiar con varios asintomáticos parece estar detrás da situación atípica que vive o Concello da Lama. tras pasar todo o mes de decembro mellorando na súa cifra de contagios e tras manterse durante máis dunha semana sen novos casos, o municipio viu como a súa incidencia acumulada empezaba a crecer sen control.

O municipio que acaba de pasar ao máximo nivel de alerta, do mesmo xeito que Pontevedra e Poio, sumaba 22 casos este martes, cifra que destaca por supoñer o dobre do rexistrado o luns. O edil que coordina as actuacións relativas á pandemia, David Carrera, xa avanzaba o luns o seu temor a que os once contagios existentes aumentasen e este martes confirmouse este temor con outras once notificacións.

Carrera non descarta que a curva da lama siga ascendendo, vista a situación. O edil apunta que se trataría dun brote familiar no que hai un pequeno grupo de veciños contaxiados e que se foi expandindo polo pobo dos afectados ao estar asintomáticos e manter a súa actividade normal. A parroquia afectada é a de Xesta e crese que a propagación do virus non se estenderá a outros pobos.

O crecemento, feita a condición de Poio, é o máis grande dos rexistrados na comarca. Soutomaior sumou 28 casos, catro máis que o luns; Barro, once, subindo nun; Ponte Caldelas, doce, crecendo en dous; Vilaboa, seis, un máis que o luns. Campo Lameiro, dous, crecendo nun e Cerdedo-Cotobade, dez, sendo o único que se mantén sen novos positivos.

Comentarios