Unha furgoneta de tatoos e un simulador, entre as novidades da Concentración Moteira

A cita organizada por A Rosa dos Ventos celebrarase os vindeiros días 8, 9 e 10 de xullo na Seca ► A organización ultima o cartaz
O prazo para inscribirse abrirá en maio. ADP
photo_camera O prazo para inscribirse abrirá en maio. ADP

A XI edición da Concentración Moteira de Poio volve este ano con grandes novidades á Seca, tras o parón provocado pola pandemia. Se ben dende a organización xa adiantaran as datas da cita, que será os vindeiros días 8, 9 e 10 de xullo, así como varios dos eventos que terán cabida nesta emblemática celebración, dende o Motoclub A Rosa dos Ventos continúan perfilando o cartaz de este ano que, co obxectivo de superar as expectativas de anos anteriores, inclúe novedosas atraccións. É o caso dun simulador de moto, que será un dos atractivos presentes no evento, así coma a adaptación do stand de tatuaxes na antiga furgoneta dunha ambulancia adaptada, onde os participantes poderán ter a oportunidade de facer unha tatuaxe ou piercing para o recordo.

A organización xa desvelou tamén a camiseta conmemorativa e está a piques de abrir o prazo de inscricións e, para o primeiro inscrito, haberá trofeo. Dita inscrición poderá realizarse dende o 1 de maio ao 1 de xullo a través da web arosadosventos.com por un prezo de 27 euros ou na billeteira o mesmo día da Concentración, polo prezo de 30 euros.

A cita inclúe ademais espectáculos de Wilbur e América, degustacións, disco móbil e DJ, espectáculos de stunt, acampada, ceas, almorzos e comidas, agasallos e moitas sorpresas aínda por desvelar.

Comentarios