A Garboa, Casa de Rosa da Mazaroca e Os Laranxos triunfan na Festa do Mar de Vilaboa

Vilaboa acolle o seu evento gastronómico para enxalzar o mexillón a ameixa e o choco da ría e premiou ás tres mellores tapas
Algúns dos asistentes aos primeiros compases da Festa do Mar, este sábado. D. FREIRE
photo_camera Algúns dos asistentes aos primeiros compases da Festa do Mar, este sábado. D. FREIRE

O inicio da Festa do Mar de Vilaboa, que este sábado estreou a súa terceira edición, serviu para escoller os petiscos gañadores do concurso de tapas. O xurado, composto pola patrona maior da Confraría de Vilaboa Mari Carmen Cortegoso Gómez e polas bateeiras locais Mari González Piñeiro e María José Castro Gómez, coa participación do alcalde César Poza como secretario, escolleu ó mediodía as tapas gañadoras da cata organizada na carpa.

Na categoría de Mellor Sabor resultaron gañadoras as das tapa do restaurante A Garboa. Pola súa banda, o premio á Mellor Presentación recaeu na presentaición de mexillóns en escabeche elaborada por A casa de Rosa da Mazaroca, mentras que o premio á Innnovación foi para a panadería e pastelería Os Laranxos pola súa empanada, tamén de mexillóns en escabeche.

O recinto festivo foi animándose gradualmente na xornada inicial da festa, que continúa este domingo, con mostradores de degustación a cargo dos restaurantes: Amelia, A Garboa, A casa de Rosa da Mazaroca, O Chancho (ao cargo das bebidas e cafés) e Pastelería Los Naranjos.

Os stands degustación volven abrir ao mediodía con tapas a prezos populares (mexillón a 3,5 euros; os chocos a 5 euros e a 6 euros a ameixa).

As elaboracións principais son: en empanada, en escabeche, guisados ou á mariñeira e o Goberno local indicou que se adquiriu o triple de materia prima para poder facer frente a unha gran chegada de visitantes e veciños. Este ano ademais, destaca a variedade de sobremesas que ofrece o stand dulce para completar o menú a cargo de Os Laranxos.

O programa musical, aberto pola banda de gaitas e baile Aires de Cobres continuará hoxe coa actuación de Os Bregadiers ás 13.00 horas.

Na apertura da festa, este sábado, o alcalde de Vilaboa, César Poza, así como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, convidaron á veciñanza da contorna a achegarse a San Adrián e gozar tanto da variedade de produto extraído das augas da ría como da calidade na elaboración que ofertan os restaurantes locais. Do mesmo xeito, os representantes do Goberno local agradeceron o labor da xente do mar, que demostrou unha vez máis a súa implicación con esta Festa que ten como obxetivo "a posta en valor dun sector, o do mar, cun peso importante en Vilaboa e que ten que enfrentar moitas dificultades", indicou o rexedor.

Comentarios