Grande ambiente en Poio co primeiro concerto da Festa do Mar, a cargo de El Combo Dominicano

O Campo de Río de Bois acolleu centos de persoas que seguiron a verbena desde as 23.00 horas e a sesión previa, a cargo dun DJ
COMBO
photo_camera COMBO

Bo inicio da Festa do Mar de Combarro cun dos seus primeiros concertos satélite, celebrado este martes no Campo de Río de Bois, en Samieira, ante centos de asistentes e a cargo de El Combo Dominicano e SOTE DJ. A cita é a primeira de case unha semana de festas que culminará o sábado e o domingo cunha completa programación en Combarro na que destacarán a tradición mariñeira, co encontro de embarcacións tradicionais, a música tradicional e tamén o Festival Armadiña Rock.

COMBO3
Actuación de El Combo Dominicano. DP

A programación continúa na noite deste mércores con outra sesión musical, neste caso na vila de Raxó. Trátase dun concerto da Orquesta Olympus, ás 22.00 horas. Ao mesmo que sucedeu na xornada do martes, hai habilitados aparcadoiros disuasorios para facilitarlles a asistencia ás persoas interesadas. Deste xeito, poderas estacionar nos terreos alleos ao local de Cáritas, nas inmediacións da rotonda da PO-308 e nunha parcela colindante.

COMBO2
Público asistente á festa. DP

Para o xoves, a cita musical será tamén en Raxó, a cargo de DR. Queen, ás 22.00 horas. Todos os concertos da Festa do Mar son gratuítos.

Actuación na Festa do Mar. DP
Actuación na Festa do Mar. DP

Comentarios