domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

O IES de Ponte Caldelas crea un tema para erradicar o machismo

A canción, titulada 'Canta Igualdade', foi composta e gravada polos propios alumnos e alumnas

Coa chegada do 25-N as propostas para combater a lacra da violencia sobre a muller multiplícanse e os centros sociais e educativos non escatiman esforzos para poñer o seu gran de area nesta loita. É o caso dos alumnos e alumnas de Secundaria e Bacharelato do IES de Ponte Caldelas, que este xoves estrearon no centro unha peza musical que foi creada de modo colaborativo aproveitando o pulo que lles deu a ANPA Valdarrosa, coa solicitude de axudas económicas ao Goberno central e á Xunta para pór en marcha esta iniciativa, chamada Canta Igualdade. Unha vez que se conseguiron os fondos, o centro, contando cun exemplar nivel de cooperación de todo o alumnado, desenvolveu de principio a fin a creación dun tema musical que, cantado polos propios alumnos e alumnas, expón as súas ideas sobre a igualdade e a non violencia sobre as mulleres.

Un dos ensaios previos á gravación do tema. IES PONTE CALDELASNo proceso colaborativo participaron a maior parte dos máis de 300 estudantes do instituto, primeiro, co traballo en dúas das clases de música, coa profesora Aurora Fernández, sobre unha letra na que se achegaron versos e estrofas desde todas as aulas e se encaixaron nos acordes elixidos. Despois, cos ensaios das nenas voluntarias para cantar o tema e o coro. Unha quincena de rapaces e rapazas que investiron o tempo dos recreos en darlle forma ao tema, coa axuda da mestra de Educación Física, Teresa Suárez. En cuestión de días tiveron todo listo para gravar, co asesoramento dun produtor e facer un vídeo.

Tanto a subdirección do centro como o Departamento de Orientación, a cargo de Beatriz Duarte, destacan a implicación demostrada neste proxecto relámpago, no que contaron co apoio da consultora Amaturi e a gran concienciación demostrada polos alumnos e alumnas con esta causa.

O IES de Ponte Caldelas crea un tema para erradicar o machismo
Comentarios
ç