Un incendio calcina dous turismos e colectores de lixo en Poio

O lume iniciouse nos contedores de madrugada
Vehículos calcinados en Poio. PROTECCIÓN CIVIL
photo_camera Vehículos calcinados en Poio. PROTECCIÓN CIVIL

Un incendio rexistrado na madrugada do domingo ao luns en Poio calcinou dous vehículos, tras iniciarse nuns contedores situados na rúa Oliveira. Os coches estaban aparcados na mesma vía na que comezou o lume, que está sendo investigado.

Atendendo á información do 112, arredor das 4.30 horas da madrugada un particular alertou dun lume nuns contedores e advertiu do risco que corrían os coches próximos. Tras recibir as chamadas de varios alertantes, que incluso aseguraban de escoitar  algunha explosión, a central do 112 informou os Bombeiros do Salnés e o GES de Sanxenxo, que se desprazaron ao lugar. Tamén se avisou a Garda Civil e Protección Civil.

Tras extinguir o lume e arrefriar a zona, o GES confirmou que os dous vehículos arderan por completo e que varios contedores tamén se viran afectados.