A Lama acollerá unha nova protesta pola cobertura do servizo de Pediatría

A Anpa do CEIP lamés convoca a concentración para mañá, ás 9.30 horas, na Alameda lamesa
O centro de saúde de A Lama. ARQUIVO
photo_camera O centro de saúde de A Lama. ARQUIVO

A Asociación de Nais e Pais Cal do Vergazo do CEIP A Lama volve a insistir ante as autoridades na necesidade de recuperar os servizo de Pediatría no centro de saúde local. A entidade convoca para este mércores unha manifestación que concentrará a veciños desde as 9.30 horas ata as 11.00 horas da mañá na Alameda.

No transcurso da concentración, onde os asistentes deberán ir provistos de máscara e gardar lo obrigado distanciamento social, os convocantes lerán un manifesto reivindicativo dos dereitos dos nenos no rural.

Esta mobilización prodúcese despois da baixa da titular da praza, compartida con Ponte Caldelas, que foi cuberta parcialmente polo Sergas, deixando mermadas as horas de atención en Ponte Caldelas e neste concello. Ante iso, asociación recolleu e entregou máis de 250 sinaturas para esixirlle a Sanidade a reposición do servizo de Pediatría nas mesmas condicións nas que se viña prestando no Centro de Saúde.

O repunte da pandemia que fai que o Estado teña que activar a alarma e na área sanitaria de Pontevedra, á que pertence A Lama, faise máis necesario, se cabe, este servizo, que garante o acceso dos nenos e nenas ás necesarias PCR en caso de detectarse síntomas, e a rápida resposta para descartalos e evitar confinamentos innecesarios ás familias.

Pais e nais lembran que no entorno rural onde xa hai unha falla xeralizada de alternativas sanitarias para apoboación, é preciso colocar barreiras para que o virus non chegue á poboación de máis idade convivinte cos menores.

A Anpa considera un "auténtico atentado contra os dereitos dos nenos e nenas do rural que se lles quite o único médico pediatra que tiñan e que viña tan so unhas horas á semana. Estamos sufrindo un grave agravio comparativo e unha inxustiza que non estamos dispostos a consentir".

Trátase da segunda mobilización convocada na Lama por mor da baixa deficientemente cuberta da pediatra, e a terceira con respecto á mesma praza, posto que en Ponte Caldelas tamén se celebrou unha concentración de protesta pola mesma situación.

Comentarios