A Lama e Cerdedo-Cotobade reeditarán o seu obradoiro de emprego con 336.44 euros

Nestes concellos xa se desenvolvera unha iniciativa que formou a persoas desempregadas en materias como a xardinería, o traballo forestal e a atención sociosanitaria a persoas dependentes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou sobre o contido da resolución adoptada polo Consello da Xunta esta semana, da convocatoria de axudas dos obradoiros de emprego dirixidas aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes. Este acordo permitirá a realización do obradoiro 'Lérez Verdugo II' dos concellos da Lama e Cerdedo-Cotobade que permitirá incrementar as oportunidades laborais de 20 desempregados destes municipios a través dun investimento de 336.446 euros.

Tal e como lembrou Tourís, esta convocatoria é a segunda edición deste programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social. O obxectivo é que o alumnado participante realice un traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego, mellore a súa cualificación profesional e favoreza a inserción laboral. A duración dos obradoiros duais, como é o caso do que se desenvolverá nos dous concellos da comarca de Pontevedra será de 9 meses.

No caso do Obradoiro Lérez Verdugo II, os concellos de A Lama e Cerdedo-Cotobade veñen de compartir unha primeira iniciativa que formou a persoas desempregadas en materias como a xardinería, o traballo forestal e a atención sociosanitaria a persoas dependentes. A nova edición desta iniciativa de emprego comezara oficialmente, se se cumpren os prazos dados pola Xunta o 30 de setembro.

Entre os criterios de valoración desta convocatoria destacaron a maior puntuación para os concellos asociados ou resultantes de fusións de dous ou máis municipios, así como para os concellos emprendedores.

Comentarios