Luciano Sobral: "Cruzamos os dedos para que non haxa restricións a maiores en Poio"

A subida de contaxios se debe tamén, en parte, ao brote de Mallorca, xa que "hai mozos de colexios de Poio relacionados con el"
O alcalde de Poio, Luciano Sobral. DP
photo_camera O alcalde de Poio, Luciano Sobral. DP

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, ve con "preocupación" a "complicada situación" do municipio en canto ao aumento de casos positivos por covid-19, que onte subía aos 35 casos, un máis que na anterior xornada, e que na última semana non fixo máis que aumentar. "Cruzamos os dedos para que non haxa restriccións a maiores", sinalou o alcalde que, polo momento, non se plantexa outras medidas máis que as vixentes de cara á tempada de verán, e apelou a respectalas mediante a limitación de contactos, agardando que os contaxios "se estabilicen e vaian á baixa nos vindeiros días".

BROTES. Sobral asegurou que, se ben hai varios brotes "focalizados en Combarro, Chancelas, na estrada de Chancelas e no instituto", agora "sábese que os casos xa están extendidos polo municipio, aínda que parecía que podía ser un brote controlado". Neste sentido, vencellou a subida de contaxios tamén ao brote de Mallorca, xa que "hai mozos de colexios de Poio relacionados con isto" e, asegurou, "houbo algún caso no SEK". O alcalde agarda a celebración do vindeiro comité clínico e pide que se continúe co uso da máscara.

Comentarios