Luís M. Sobrado daralle nome á pista deportiva de Berducido, na Lama

As obras foron financiadas polo Concello da Lama cun desembolso económico duns 80.000 euros. 
Jorge Canda. RAFA FARIÑA
photo_camera O alcalde da Lama, Jorge Canda. RAFA FARIÑA

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, e os concelleiros Francisco Pérez, José Fortes e Daniel Vidal, visitaron as obras da pista polideportiva de Berducido, financiada polo Concello da Lama cun desembolso económico duns 80.000 euros. 

O Goberno local destacou que esta instalación permitirá aos veciños da parroquia de Berducido mellorar o acceso á práctica deportiva. Os traballos permitirán recuperar o vestiario existente e poñerase en funcionamento con duchas de auga quente así como dos elementos necesarios para garantir o correcto aproveitamento por parte dos usuarios que se acheguen ata aquí para a práctica deportiva. O proxecto contempla o peche perimetral da pista polideportiva cunha rede, a humanización da contorna e a mellora do parque infantil e o biosaudable xa existente no lugar. 

Jorge Canda destacou a iniciativa de poñerlle á instalación o nome de Luís Manuel Sobrado González, que xurdiu dos propios veciños. O Concello instalará, cando finalicen as obras, unha placa conmemorativa na que figure o nome do mozo falecido nun accidente de tráfico e un recoñecemento do mundo deportivo local.

Comentarios