Luz verde ás obras para reparar a cuberta e a fachada da Escola de Canteiros

Os traballos darán solución ás filtracións no tellado e na fachada que afectan á funcionalidade das aulas
Un alumno de la Escola de Canteiros de Poio. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Un alumno de la Escola de Canteiros. BEATRIZ CÍSCAR

A Deputación aprobou este venres as obras de recuperación da fachada e cuberta da escola de Cantería cun orzamento de 350.000 euros, que se suman aos 33.000 investidos previamente para a mellora do sistema de filtrado do aire.

Os traballos darán solución ás filtracións no tellado e na fachada que afectan á funcionalidade das aulas. Deste xeito, a instalación previa de panel tipo sándwich arranxarase coa instalación dunha sobrecuberta que se colocará nunha estrutura metálica que permitirá a continuidade estética e solucionará o problema de entrada de auga.

Ao mesmo tempo substituirase a rede de pluviais e trasladarase o lucernario a unha nova posición que garanta a estanquidade. Mentres que na fachada realizarase un recubrimento illante e térmico no exterior, melloraranse os tubos de ventilación da cámara de aire e renovaranse as baixantes -contra a filtración de auga-.

Estas obras súmanse ás que se iniciarán no vindeiro mes de setembro para a reparación e mantemento do sistema de filtado de aire do inmoble. Necesarias dado que os alumnos realizan obras escultóricas que xeran unha grande cantidade de polvo en suspensión. Por ende, a Deputación dotou á Escola de 33.000 euros para posibilitar a súa realización.

Comentarios