Madamas e galáns levan o Entroido de Cobres a cada recuncho de Vilaboa

Os e as danzantes tiveron menos problemas coa chuvia e os veciños animáronos e recibíronos con todo o cariño
photo_camera Madamas e galáns retomaron este domingo unha das partes máis sufridas do antestral Entroido de Cobres percorrendo cada lugar das cinco parroquias do municipio. VÍDEO: GONZALO GARCÍA

Madamas e galáns retomaron este domingo unha das partes máis sufridas do antestral Entroido de Cobres percorrendo cada lugar das cinco parroquias do municipio. Este domingo foi o turno de Santa Cristina de Cobres, unha das dúas parroquias que son berce desta celebración.

Os e as danzantes tiveron menos problemas coa chuvia e os veciños animáronos e recibíronos con todo o cariño. Cada parada conleva un baile e cada peza remata co "Viva o Entroido!" que tamén é característico desta festa.

En Deilán, a veciña Mari Calvar ofreceulles un petisco aos participantes no Entroido. Estas merendas ou mesmo algún donativo económico son tradición tamén no Entroido de Cobres e demostran que para as familias é unha especie de honor ou distinción contar cunha das paradas da comitiva tradicional preto das súas vivendas.

Este domingo unha delas levou todos os doces que tiña preparados para a Casa da Cultura, pois o Entroido non tivo ocasion de achegarse á súa vivenda por culpa da chuvia.

Comentarios