Máis de 1.200 euros en premios para os espantallos máis fermosos do Barbeira

O Concello lamés e a asociacíon que impulsa a ruta do Río Barbeira repartiron o sábado 20 agasallos ás mellores composicións participantes no certame

Una das cinco composicións premiadas polo Concello de A Lama e a Asociación do Río Barbeira na Festa da Ruta. D.P.
photo_camera Una das cinco composicións premiadas polo Concello de A Lama e a Asociación do Río Barbeira na Festa da Ruta. D.P.

O río Barbeira, a famosa Ruta da Liberdade, que percorre a súa marxe dereita pola zona de A Lama que discurre pola aldea de O Peso, A Escuadra e outras pequenas localidades, seguirá a ser un referente para o sendeirismo e para a defensa do mundo rural.

Boa proba diso dana os 45 concursantes do peculiar certame de espantallos que cada ano convoca a Asociación Cultural Río Barbeira para engalanar a ruta co nacemento da primavera e animar ao gran público a percorrer esta senda na que se combina a paisaxe fluvial, os espazos rurais e un pouco do monte máis próximo á Serra do Cando.

A Festa dos Espantallos despediuse onte cunha gran celebración de entrega de premios na que se repartiron máis de 1.500 euros entre os 20 seleccionados das distintas categorías. Entre os premiados pola súa orixinalidade, o humor ou a capacidade de recreación das persoaxes están conxuntos como Non me movas o marco do CEIP A Lama; A serea da Ponte, composta pola mocidade da zona da Rozada; ou Arrieiros somos e no camiño atoparémonos, un conxunto de persoeiros de trapo e palla composto tamén polos alumnos do colexio lamés, que tamén foi escollido por todo o público que acudiu estes días a percorrer o circuíto para poder votar pola mellor proposta.

Os premios repártense tendo en conta a orixinalidade, o humor ou a capacidade de recreación de persoaxes

En canto aos espantallos máis tradicionais, o xurado destacou o "engado" do Espantallo das ánimas, creado tamén polos mozos e mozas da zona da Rozada, e o conxunto tradicional máis valorado foi o titulado Botada do eido que firmaron os autores Lidio, Otilia, Isabel e Lula.

Na entrega de premios reunironse ducias de persoas, que participaron nunha merenda popular a base de churrasco, polos picantóns e filloas. Ademais, como corresponde con toda festa do rural, non faltou a música popular, a cargo de Os Afoutes do canón de pau. A animación para os cativos foi cousa da formación Codia e Miolo.

Comentarios