Máis de cen persoas apoian a demanda do BNG dunha Vía Verde entre Arcade e Pontevedra

Na marcha participou Néstor Rego
Marcha pola Vía Verde entre Pontevedra e Arcade. DP
photo_camera Marcha pola Vía Verde entre Pontevedra e Arcade. DP

Máis de cen persoas atenderon á convocatoria do BNG na que participou o deputado estatal Néstor Rego para pedir que o tramo de vía vello entre Arcade e Pontevedra sexa convertido en Vía Verde. 

Os voceiros locais Tereixa Carro e Manu Lourenzo reivindicaron esta cesión, que vén sendo demandada desde o ano 2013.

A inicial Vía Verde do Salnés que une os concellos de Vilagarcía Caldas de Reis e Portas xa contaba con 9 quilómetros de percorrido. Logo sumáronse os concellos de Barro e Pontevedra alcanzando 24 quilómetros habilitados.

"Darlle conexión dende a cidade do Lerez ata Arcade con 15 quilómetros máis de percorrido e podendo chegar a unila co tramo de Redondela-Vigo convertería esta senda nun atractivo turístico que ademais de favorecer ao comercio e hostalería local axudaría a mellorar considerablemente a calidade de vida da veciñanza de ambos concellos", indica o BNG nun comunicado.

Comentarios