Máis dunha ducia de veciños participan no curso para previr o alzhéimer en Poio

A actividade desenvolverase na Biblioteca de Besada durante todo o ano, agás en agosto
Concello de POIO ALzhéimer
photo_camera Unha das sesións iniciais da nova actividade. D. P.

O Concello de Poio vén de comunicar a traveso das súas redes sociais o inicio do curso de prevención de enfermidades de demencia e Alzhéimer que se desenvolve na edificación coñecida como Biblioteca de Besada.

Máis dunha ducia de veciños e veciñas participan nesta iniciativa posta en marcha pola área de Benestar e Igualdade, da que é edil Natividad Torres.

O curso conta co asesoramento de Afapo, Asociación de familiares de Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra, dentro do plan de responsabilidade social corporativa de Ence e coa colaboración do Concello de Poio.

A actividade  desenvolverase durante todo o ano, agás no mes de agosto. Esta proposta está pensada para alongar a autonomía e capacidades das persoas maiores favorecendo o seu benestar.

Comentarios