Mar, Nerea e Lucía, as trixemelgas de Ponte Caldelas

O alcalde recibe ás tres nenas nadas dun mesmo parto, un fito que non se recorda no municipio
Las trillizas Mar, Nerea y Lucía. DP
photo_camera Las trillizas Mar, Nerea y Lucía. DP

Nin as persoas máis maiores de Ponte Caldelas lembran un fito semellante: o nacemento de tres nenas trixéminas. Para Sandra Tamayo e Carlos Peso tamén supuxo unha "sorpresa" inicial, cando nunha revisión lles comunicaron que no ventre da nai medraban non unha, nin dúas, senón tres persoas.

"Non temos antecedentes familiares, nin tampouco nos sometemos a ningún tratamento de fertilidade, polo que os primeiros meses de embarazo vivímolos con contrariedade, asimilando o que iba a supoñer", recoñece Sandra.

Logo dun parto prematuro, con cesárea programada e famoso en todo o Hospital Provincial de Pontevedra, Mar, Nerea e Lucía instaláronse na aldea pontecaldelá de Chaín, onde medran felices cos seus pais e “con total apoio de familia e amigos". "A implicación é tal e que meus pais, que son de Murcia, estiveron aquí catro meses para axudar", comenta Sandra

Mar, Nerea e Lucía estiveron este martes no Concello de Ponte Caldelas cos seus proxenitores, onde o alcalde, Andrés Díaz, e a concelleira Leticia Rocha lles deron a noraboa á familia e lles entregaron uns petos personalizados como agasallo.

Comentarios