Marín fomenta o folclore galego do Rancho de Reis

A Asociación Folclórica Pousos da Area é a encargada de realizar esta representación, coa que percorreron as diferentes rúas e prazas da vila

 

DAVID Rancho de Reis por as rúas de Marín. Saída na Alameda e fan un percorrido por o centro., sábado, 28 dic · 12:00–13:00
photo_camera Un momento do percorrido do Rancho de Reis de Marín. D. FREIRE

A Asociación Folclórica Pousos da Area continúa co seu traballo de recompilación, conservación, promoción e difusión do folclore galego. Ese é o principal obxectivo da entidade marinense, que tenta ser fiel á realidade das tradicións senlleiras de cada zona, respectando as músicas, os bailes, a vestimenta, os aderezos, a instrumentación e a fala de cada lugar.

Para logralo, Pousos da Area tenta desenvolver novos proxectos para a posta en valor do patrimonio inmaterial galego que esperten interese do público pola cultura galega.

Unha das actuacións máis tradicional de Pousos de Area é a reproducción dun Rancho de Reis, que o pasado sábado celebrou a súa quinta edición. O Rancho é unha formación constituída por canteiros, danzantes e gaiteiros que, ademais de percorrer os camiños cos cantos e coas danzas, acompañaban ás procesións dos patróns das súas parroquias executando bailes. Durante a xornada do sábado, Pousos da Area percorreu as rúas e prazas de Marín a modo de semellanza do percorrido que facían polas casas das aldeas da súa veciñanza a noite de Nadal e a de Reis.

Rancho de Reis por as rúas de MarínORIXE. Este tipo de formacións, propias do ciclo do Nadal, son características do sur da provincia de Pontevedra. O ciclo de Nadal é o conxunto de manifestacións que se dan dende a noite de Noiteboa ata o día de Reis e está formada por cantares e danzas nas que se relata a historia bíblica do nacemento de Cristo.

Estre proxecto de recuperación contempla a música, a danza, a fala, a vestimenta e os aderezos propios das datas de Nadal. O material que se emprega nesta representación é froito do traballo de campo de recolleita e da gran labor de investigación realizado polos membros da Asociación Pousos da Area.

TRAXES. A indumentaria que se leva nesta representación constitúe unha fiel reproducción das roupas que se vestían nos Ranchos de Reis das zonas de Ponteareas, Salvaterra e Mondariz. Para iso, Pousos da Area valeuse de fotografías e testemuños das xentes que participaban nesta representación.

As danzas de Nadal e Reis pertencen, igual que as danzas gremiais, ó conxunto denominado "danzas brancas". Este nome ven motivado pola vestimenta coa que se ataviaban os danzantes. Os bailes execútanse acompañados de paus, cintas, arcos e castañetas.

Comentarios