Música e baile encherán Combarro esta fin de semana polos seus 50 anos

Combarro acolle este sábado un espectáculo de Danza ás oito e media e mañá a Charanga 112 amenizará o vermú
A praza de San Roque. RAFA FARIÑA
photo_camera A praza de San Roque. RAFA FARIÑA

A vila mariñeira de Combarro está de parabéns este ano, xa que cumple 50 anos do seu nomeamento coma conxunto histórico e artístico. O Concello de Poio, a través das Concellerías de Cultura, Dinamización Lingüística e Deportes, están a impulsar diferentes actividades lúdicas para conmemorar o medio século desa data de referencia para Poio. Deste xeito, buscan a posta en valor da tradición e a historia da localidade, ao tempo que se pon a disposición á cidadanía e aos centos de visitantes que recibe diariamente o lugar, unha oferta de lecer do máis variada.

A primeira cita destas actividades terá lugar este sábado, co espectáculo da compañía Galicia en Danza de Baiona, ás 20,30 horas, no espazo natural ao carón da Ermida da Virxe de Renda. Esta actividade está impulsada pola Deputación de Pontevedra dentro do cliclo 'Bailando a Terra', na que Poio foi un dos sete concellos da provincia de Pontevedra elixidos para as representacións.

Por outra banda, a Concellería de Cultura retoma esta fin de semana as ruadas musicais 'Mar de Sons'  nas que "cobran protagonismo agrupacións musicais de Poio e que se celebrarán de xeito periódico ao longo de todo o verán, con percorridos polo casco histórico", tal e como explica Raquel Rodríguez Alonso, a titular da área. A Charanga 112 será a encargada de amenizar coa súa música as rúas de Combarro na sesión vermú do vindeiro domingo.

A concelleira de Deportes e Dinamización Linguística, Marga Caldas sinalou que as seguintes citas da programación do 50 Aniversario de Combarro serán a vindeira fin de semana coa etapa da Regata Rías Baixas, que chegará á vila o xoves 11 de agosto. Por último, o vindeiro venres será a Praza da Rualeira a que acollerá o concerto da Ukestra do Medio ás 21,30 horas, unha actividade inserida no programa 'FalaRedes' promovido pola Xunta de Galicia.

Inscrición
Abre o prazo para os obradoiros da Casa Museo
O Concello de Poio anunciou esta semana que xa se atopa aberto o prazo de inscrición para  participar nos obradoiros da Casa Museo de Cristóbal Colón. 

As datas nas que se desenvolverán estos obradoiros xa están fixadas e serán os días 25 e 26 de
agosto en dúas franxas horarias diferentes. No caso do xoves comezarán ás 12,30 horas e o
venres ás 16,30 horas co obxectivo de adaptarse á dispoñibilidade horaria das familias.

Os obradoiros, realizados na Casa Museo de Colón, están pensados para un público familiar,
cativos de entre os 6 e os 10 anos, e forman parte das actividades impulsadas dende a área de
Turismo e Pesca e Marisqueo, para dinamizar e dar a coñecer as instalacións do museo, o espazo natural e a teoría da orixe galega de Cristóbal Colón, polo que estos obradoiros versarán sobre historia e cultura.

As actividades de balde contarán cunha duración de 60 minutos. En cada xornada haberá un total de 8 a 10 prazas e a inscrición poderáse facer a través do correo electró[email protected]
concellodepoio.gal indicando nome, apelidos e teléfono.

Comentarios