A música da terra volveu facer vibrar os corazóns na Ínsua

A Carreira Ancha da parroquia caldelana acolleu unha nova edición da Xuntanza Folk Follas de Olivar, organizada pola formación Os Xeitosos coa cooperación do Concello
Distintos momentos do encontro, no que non faltaron xogos populares, postos de alimentación e algunha mostra da artesanía de proximidade, ademais das anunciadas actuacións de varios grupos de música tradicional chegados das parroquias e concellos da contorna.
photo_camera Un dos postos de comida e bebida. C. PONTE CALDELAS

Se a música popular é unha das disciplinas máis mimadas no municipio de Ponte Caldelas, na parroquia da Ínsua é onde máis e mellor se conservan as tradicións en torno ao folclore.

undefined
Distintos momentos do encontro. C. PONTE CALDELAS

Tanto é así que neste punto do Concello se celebra anualmente a Xuntanza Follas de Olivar, impulsada pola formación Os Xeitosos e na que a cooperación do Concello permite ter máis actividades e unha mellor organización. Pola convocatoria musical pasaron na xornada de este sábado centos de persoas, atraídos pola posibilidade de tocar ou aprender algo dos seus instrumentos favoritos, ou ben por poder escoitar os acordes dalgún dos grupos da zona.

undefined
Distintos momentos do encontro. C. PONTE CALDELAS

Na xuntanza non faltou a comida popular, nin a feira de artesanía con postos de instrumentos e algunha exhibición. Tamén houbo tempo para practicar en grupo e ao aire libre o toque dun instrumento tan máxico como ancestral: a zanfona. Actuaron os grupos Nós tamén imos, Escola de zanfonas de O Viso, Os Xeitosos da Ínsua, Os Re-torcidos, Os Carunchos e Zurrumalla. E ao término destas sesións houbo tempo para unha foliada ata entrada a noite.

undefined
Distintos momentos do encontro. C. PONTE CALDELAS

A xuntanza vén celebrándose desde hai anos, pero, como todos os eventos deste tipo, sufriu un parón de dúas edicións provocado pola pandemia. No reencontro deste ano, os grupos deron boa proba de que a música popular tamén se recupera da crise que provocou o covid-19.

Comentarios