Novas tecnoloxías aos 70: os maiores de Poio aprenden a usar o mobil e o ordenador

A aula de informática do Centro Cultural Xaime Illa acolle dende este mes as sesións do Punto Amigable Teconlóxico da Concellería de Benestar
undefined
photo_camera Algúns dos participantes durante unha das sesións. DP

Maio é o mes da tecnoloxía para os maiores de Poio que, cunha media de 70 anos, están aprendendo a utilizar os teléfonos móbiles de última xeración e o ordenador. Así é a iniciativa que puxo en marcha este mes a Concellería de Benestar Social, dirixida por Rosa Fernández, baixo o nome de Punto Amigable Tecnolóxico, e que se alongará ata finais de xuño.

A actividade, que se está a desenvolver todos os mércores, de 17.00 a 19.00 horas na aula de informática do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, ten como obxectivo facilitar ferramentas e o asesoramento necesario para que os e as asistentes se familiaricen co uso das tecnoloxías, de xeito totalmente gratuito. "Contamos cunha participante que ten 88 anos, o que demostra que nunca é tarde para aprender a utilizar estas ferramentas", asegurou a edil. Durante as clases, aprenden a navegar por Internet, a usar o correo electrónico ou traballar en documentos.

"Temos que impedir que a falta de coñecementos ou o respecto que, en moitas ocasións, producen as novas tecnoloxías entre a veciñanza de maior idade poida acabar provocando o seu illamento. O que buscamos é que lle perdan o respecto ou o medo a utilizar o ordenador", explicou a edil.

Comentarios