Novo roubo na bocatería Don Pincho de Barro

O Concello solicitará máis presenza da Garda Civil na zona

Buraco polo que accederon ao interior de Don Pincho. DP (Barro)
photo_camera Buraco polo que accederon ao interior de Don Pincho. DP

A bocatería Don Pincho de Barro sufriu un novo roubo na madrugada deste martes. 

O modus operandi foi, esta vez, un buraco na porta de entrada e os danos foron materiais e económicos. Así, os amigos do alleo asaltaron a máquina comecartos e levaron a pantalla do ordenador da caixa rexistradora. Tamén roubaron cartos da rexistradora.

En relación ás participacións do PSOE, tanto os boletos de lotería como os cartos que recaudaron da súa venda foron achados debaixo dos mobles, confirmaron desde o local.

Desde o Concello de Barro afirmaron que solicitarán á Subdelegación do Goberno máis presencia e reforzos para a Garda Civil na zona.

"A maior parte das veces, os efectivos das forzas do estado que lles toca este concello veñen de Catoira ou Cambados. Para que poidan facer unha labor de prevención é bo que se aumenten os efectivos no cuartel de Caldas ou se reforce con axentes de Pontevedra pola cercanía, xa que o noso Concello nin ten Policía Local, non podería facer un servicio nocturno", sinalou o Concello a través dun comunicado.